Publicación dos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, a corpos de persoal docente non universitario dependentes da consellería competente en materia de educación (ED001B) [1]
Enviado por administrador a Ven, 28/10/2022 - 14:15Desde o 31 de outubro ata o 21 de novembro de 2022 estará aberto o prazo de inscrición nos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B).