Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Programa Promociona. Polo éxito escolar da comunidade xitana (Fundación Secretariado Gitano)

Programa Promociona. Polo éxito escolar da comunidade xitana (Fundación Secretariado Gitano) [1]

Enviado por mbarreiro.gundin a Xov, 12/01/2012 - 14:53

 

A Fundación Secretariado Gitano (FSG) é unha entidade social intercultural sen ánimo de lucro que presta servizos á comunidade xitana en todo o territorio español, nun total de 14 comunidades autónomas, entre as que está a Comunidade Autónoma de Galicia, e desenvolve accións en outros países europeos, para o que conta con numerosos centros de traballo.

Ao longo do período 2000-2006 xestionou un programa operativo plurirrexional de loita contra a discriminación (Programa Acceder), financiado polo fondo Social Europeo e centrado no acceso ao emprego da comunidade xitana.

Na actualidade, e no marco dun novo período 2007-2013, está a desenvolver un novo programa operativo que, aínda que se centra principalmente no eido da inserción laboral, inclúe unha nova liña de acción no ámbito educativo que ten como finalidade promover a finalización de estudos obrigatorios e a promoción do alumnado xitano a estudos postobrigatorios para incidir así nunha reducción do abandono escolar que presenta unha boa parte desta comunidade.

Tendo en conta a experiencia dos profesionais dos ámbitos formativos, educativos e de emprego, e a dos propios beneficiarios, a adquisición das titulacións académicas básicas obrigatorias poden favorecer una axeitado itinerario de desenvolvemento persoal e de inserción laboral, que garante á súa vez a inclusión social en igualdade de condicións co resto da cidadanía. A formación é básica para o desenvolvemento das persoas e para a inserción laboral; canto maior e máis especializada cualificación, máis aberto é o abano de posibilidades de elección e maiores as posibilidades de éxito.

As consecuencias que uns resultados positivos nesta liña de accións educativas pode ter a nivel individual para os mozos xitanos e mozas xitanas son claras, pero as consecuencias para a promoción da comunidade xitana en xeral tamén, xa que o futuro dos grupos depende das traxectorias dos seus membros, e na comunidade xitana a carencia de referentes positivos tanto con formación media ou superior como con empregos cualificados é escasa, polo que este obxectivo convírtese nunha prioridade con vistas a favorecer o máximo do éxito posible na inserción social das persoas xitanas.

Máis información: http://www.gitanos.org/zonas/galicia/programas/2534.html [2]

 

 

Gallego
Programa Promociona. Polo éxito escolar da comunidade xitana [3]

File: 

PDF icon Programa Promociona. Polo éxito escolar da comunidade xitana [4]

Tema: 

Outras diversidades [5]
Atención á diversidade [6]
Recursos [7]

Sección: 

Atención á diversidade e orientación [8]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/3791

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/3791
[2] http://www.gitanos.org/zonas/galicia/programas/2534.html
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2012/01/12/9762462b9e1961c9b238358eaa455670.jpg
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2012/01/12/114e86c8da0b454f85b6b24943fd2064.pdf
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/412
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/141
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/125
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/632