Convocado o proceso de selección de centros para participar no proxecto Digicraft no teu Cole no marco do Plan Digitalent durante o curso 2022/23 [1]
Enviado por administrador a Mér, 24/08/2022 - 08:00Coa finalidade de proceder á implementación nos centros escolares sostidos con fondos públicos que impartan educación primaria da Comunidade Autónoma de Galicia do proxecto Digicraft no teu Cole no marco do Plan Digitalent, durante o curso 2022/23, acaba de convocarse o proceso de selección dos centros.
As solicitudes segundo o documento anexo deberán presentarse a través da aplicación informática www.edu.xunta.gal/programaseducativos [3]
O prazo de presentación de solicitudes estará aberta desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal/portal/ [4]) e rematará o día 12 de setembro de 2022, inclusive.
File: