Trailler da película [1]
Enviado por administrador a Lun, 09/01/2012 - 10:33Video:
Dairas, unha curtametraxe de animación stop-motion, pretende unha reflexión á realidade de miles de persoas que padecen as consecuencia das guerras, das disputas dos territorios. Conta a crúa realidade dun campamento de refuxiados, guiados por un personaxe principal, Ahmed.
As ferramentas utilizadas son a fotografia, a modelado de plastilina, a música... pero a mellor ferramenta foi o factor humano, a ilusión e dedicación do alumnado.
A historia céntrase nos conflitos bélicos dos saharauis. Os refuxiados vense reflectidos no personaxe de Ahmed, un rapaz que guía ós seus compañeiros cara a un futuro mellor. O nome vén de Daira, (الدائرة en árabe), son pequenos poboados onde habitan os refuxiados saharauis, os núcleos de varias dairas denomínanse wilayas.
O exército, a guerra, os campamentos, a vida cotiá, a casa, a alimentación, o papel da muller, os libros, a importancia e o dereito á cultura. Todos estos temas transcorren en maior ou menor medida polas imaxes que se amosan en pantalla.