Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > L2202001 - Climatización de vehículos híbridos e eléctricos

L2202001 - Climatización de vehículos híbridos e eléctricos [1]

Enviado por portalcfrlugo a Xov, 23/06/2022 - 13:17
16 horas presenciais do 4 ao 6 de xullo
A actividade celebrarase no CIFP As Mercedes de Lugo
Gallego

Seguimos ampliando a nosa oferta formativa no tocante á Formación Profesional. Neste inicio de xullo traemos unha actividade que non deixará indiferente aos amantes da automoción L2202001 - Climatización de vehículos híbridos e eléctricos. Unhas xornadas de 16 horas que se celebrarán, do 4 ao 6 de xullo, no CIFP As Mercedes de Lugo.

Obxectivos

1.Coñecer os elementos dos sistemas de climatización dos vehículos híbridos e eléctricos.

2.Aprender a manexar os dispositivos de control dos sistemas de climatización.

3.Analizar o correcto funcionamento dos sistemas de climatización dos vehículos híbridos e eléctricos.

Contidos

1.Manipulación dos gases fluorados e os equipos baseados neles.

2.Elementos que conforman os sistemas de climatización en vehículos híbridos e eléctricos.

3.Sistemas de climatización con monóxido de carbono como axente refrixerante.

4.Dispositivos de seguridade e control.

5.Análise do correcto funcionamento dos sistemas de climatización.

vehículos
CFR Lugo [2]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37377

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37377
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/728