Publicación relación de solicitudes de non participación do concurso de adxudicación de destinos provisionais 2022-2023 [1]
Enviado por administrador a Lun, 20/06/2022 - 12:19Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolven as solicitudes de non participación do concurso de adxudicación de destinos provisionais 2022-2023
O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra a citada resolución é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación
O dito recurso deberá formularse exclusivamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal [2]). utilizando o código de procedemento ED002B e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.