Convocado o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2022/23 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores, catedráticos, PES, FP, EOI, mestres,... que non teñan destino definitivo, interinos, substitutos... [1]
Enviado por administrador a Lun, 20/06/2022 - 09:43Resolución do 7 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2022/23 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B).
- Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes no procedemento código ED002B será o comprendido entre o día 21 de xuño e 12 de xullo de 2022, ambos incluídos.
File: