Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > L2201005 - Introdución ao modelado 3D con Google SkecthUP

L2201005 - Introdución ao modelado 3D con Google SkecthUP [1]

Enviado por portalcfrlugo a Xov, 16/06/2022 - 11:08
20 horas de duración do 27 de xuño ata o 1 de xullo
O prazo de inscrición atópase aberto ata o próximo 18 de xuño
Gallego

Comeza a temporada alta das actividades de FP. Dende o CFR Lugo traemos unha máis que interesante sobre o modelado 3D. Trátase de L2201005 - Introdución ao modelado 3D con Google SkecthUP, de 20 horas de duración e a través da plataforma Cisco Webex. Desenvolverase do 27 de xuño ao 1 de xullo en horario matinal (09:00 a 13:00 horas). O prazo de inscrición atópase aberto ata o próximo 18 de xuño.

Obxectivos

1.Manexar a interface gráfica de SketchUP.

2.Crear modelos 3D a partir de debuxos en 2D.

3.Xerar modelos 3D partindo dunha fotografía de referencia.

Contidos

1.Espazo de traballo e ferramentas dispoñibles en ShetchUp.

2.Ferramentas de debuxo e modelado 3D. Ferramentas de estilo.

3.Plugins para Skecthup.

4.Exportar e importar modelos 3D.

modelado 3D
CFR Lugo [2]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37303

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37303
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/728