Convocatoria das probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2022/23 [1]
Enviado por administrador a Mar, 10/05/2022 - 12:01Resolución do 27 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2022/23. (DOG do 10 de maio).
-
O prazo de inscrición para as persoas que se acollan a realizar as probas que substitúen os requisitos de titulación de graduado en ESO ou do título de bacharelato é o comprendido entre o día 11 de maio ata o día 14 de xuño de 2022, ambos os dous incluídos.
-
O prazo de inscrición para as persoas que só ten que realizar a proba específica (para ciclos formativos de grao medio e para ciclos formativos de grao superior) e para as persoas que solicitan acceso sen probas é dende o día 11 de maio de 2022 ata o día 21 de xuño de 2022, ambos os dous incluídos.
File: