Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións na especialidade de árabe do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592002) [1]
Enviado por administrador a Mér, 06/04/2022 - 11:32Publícase a Resolución do 6 de abril de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de árabe do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592002). (código de procedemento ED003A)
- Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 7 de abril ata o mércores día 13 de abril de 2022, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada [2] e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 7 de abril de 2022.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación requirida, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
A súa solicitude de inscrición estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o anexo I asinado como o recibo de presentación deste.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED003A.
File: