Orientación [1]
Enviado por mbarreiro.gundin a Lun, 12/12/2011 - 22:27No contexto educativo actual, considérase a orientación como inherente á propia educación, pois trata de contribuír á formación integral do alumnado, coa finalidade de capacitalo para unha aprendizaxe autónoma e unha participación activa, crítica e transformadora da sociedade ao longo de toda a súa vida, e á implicación e ao asesoramento dos pais e do resto dos axentes da comunidade educativa.
Orientar será, polo tanto, educar para a vida (aprendizaxes funcionais, capacitalos para a aprendizaxe autónoma, coñecemento de si mesmos, habilidades sociais,....), educar na capacidade para tomar decisións (asesorando sobre itinerarios, opcionalidade, alternativas educativas e laborais,...) e proporcionar unha verdadeira atención á diversidade que presenta a poboación escolar (reforzos e apoios ao alumnado con neae...).
Neste espazo poderán atoparse todas aquelas iniciativas e recursos destinados a promover a calidade educativa desde o autocoñecemento, o control do proceso de aprendizaxe, o axuste das medidas educativas, o coñecemento e tomada de decisións na elección dos diferentes itinerarios formativos, a promoción da escolarización, as saídas profesionais e o mundo do emprendemento.
Tema:
Sección: