Concurso-oposición aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades [1]
Enviado por administrador a Lun, 31/01/2022 - 10:07Orde do 28 de xaneiro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia: do 1 de febreiro ao 21 de febreiro de 2022, ambos incluídos.
As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.
File: