Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > G2101022 - Aprendizaxe baseada en proxectos (ABP)

G2101022 - Aprendizaxe baseada en proxectos (ABP) [1]

Enviado por portalcafi a Ven, 10/09/2021 - 11:01
Este curso contribúe ao que o docente afonde na posta en práctica na súa aula de metodoloxías activas e inclusivas, facilitando a aprendizaxe en equipo. Do mesmo xeito, integrará o uso das TIC ao seu traballo de aula e fomentará a creatividade, o pensamento crítico e a xestión da información por parte do seu alumnado. O docente será consciente e integrador dos novos procesos de ensino e aprendizaxe e tendencias pedagóxicas, reciclándose permanentemente e actualizándose sobre temáticas e demandas sociais.
Gallego

Código: G2101022

Datas: 28/09/2021 a 14/12/2021

Duración: 50 h

Data límite de inscrición: 15/09/2021

Modalidade: Na Rede

 

Obxectivos

 

1.Coñecer os principios da ensinanza baseada en proxectos en relación coas distintas etapas, situacións e materias educativas.

2.Deseñar proxectos de ensinanza e aprendizaxe en ciclos de deseño reflexivo e cooperativo a través da Rede.

3.Enriquecer os mecanismos tradicionais de avaliación con propostas alternativas como o uso de rúbricas, os diarios de aprendizaxe e o portafolios.

 

Contidos

1.A aprendizaxe baseada en proxectos: prácticas de referencia.

2.Preguntas, problemas e retos: o motor de arranque dun proxecto.

3.Movemento na aula, aprendizaxe cooperativa e investigación de campo.

4.As comunidades de aprendizaxe e as TIC.

5.A avaliación na ABP.

   5.1.Diario de aprendizaxe, rúbricas e portafolios.

6.A xestión de proxectos de aprendizaxe no centro escolar.

7.A aprendizaxe baseada en proxectos como proceso de capacitación e desenvolvemento profesional docente.

 

Inscripcións abertas en Fprofe [2]

difusion_abp
CAFI [3]
Educación dixital [4]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35067

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35067
[2] http://www.edu.xunta.gal/fprofe/inicio.do
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/723
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/760