Resolución definitiva do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos e PES, PT, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e inspectores de Educación para o 2021 [1]
Enviado por administrador a Xov, 13/05/2021 - 08:00Xúntase a Resolución do 5 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación, convocado pola Orde do 19 de outubro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 219, do 30 de outubro).