Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística

Convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística [1]

Enviado por administrador a Lun, 08/02/2021 - 15:51
Gallego

Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso académico 2020/2021 e se establecen as bases reguladoras para realizalos.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional convocan a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso académico 2020/2021.

Os centros públicos admitidos no programa Proxectos de innovación educativa en dinamización Lingüística, no marco do Plan Proxecta, teñen a obriga de participar e tamén se poden presentar todos os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Ao abeiro desta convocatoria, seleccionaranse cinco proxectos, que terán a consideración de excelentes; cada un deles recibirá unha dotación económica de 2 000 euros. Tamén poderán concederse dúas mencións de honra, de ser o caso.

O profesorado implicado activamente no desenvolvemento dos cinco proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante. O profesorado dos proxectos recoñecidos, de ser o caso, coa mención de honra recibirá unha certificación de accésit.

Na planificación dos proxectos durante o curso 2020/2021, o profesorado terá en conta a previsión dos posibles escenarios de ensinanza-aprendizaxe que se puideren dar en función da situación sanitaria e deseñará os proxectos para que se poidan seguir desenvolvendo nunha situación de ensino a distancia ou semipresencial.

Os centros que presentaron proxectos no curso 2019-2020 poderanos volver presentar, coas adaptacións relacionadas con posibles cambios de escenario da actividade lectiva presencial á semipresencial ou non presencial que consideren pertinentes.

  • O prazo de presentación das solicitudes, que se enviarán exclusivamente a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, rematará o día 10 de marzo de 2021.

File: 

PDF icon Convocatoria [2]
PDF icon Anexo I [3]
PDF icon Anexo II [4]
PDF icon Anexo III [5]
PDF icon Anexo IV [6]
PDF icon Anexo V [7]
PDF icon Anexo VI [8]
PDF icon Anexo VII [9]
PDF icon Anexo VIII [10]
PDF icon Resolución da convocatoria [11]
Lingua galega [12]
Plans e actuacións en innovación educativa [13]
Ensinanzas de réxime xeral [14]
Ensinanzas de réxime especial [15]
Educación de persoas adultas [16]
Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa [17]
Entidades autonómicas [18]
Profesorado [19]
Centros [20]
Boletín [21]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33161

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33161
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/convocatoria_pidl_2020_2021.pdf
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_i_18.pdf
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_ii_10.pdf
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_iii_9.pdf
[6] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_iv_5.pdf
[7] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_v_5.pdf
[8] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_vi_5.pdf
[9] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_vii_5.pdf
[10] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_viii_5.pdf
[11] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_pidl_2020-2021.odt.pdf
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/234
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/135
[14] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[15] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/109
[16] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/112
[17] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/43
[18] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/404
[19] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[20] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[21] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613