Resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de PES e de profesores técnicos de FP [1]
Enviado por administrador a Mar, 17/11/2020 - 11:01Publícase resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e de profesores técnicos de formación profesional (591). As especialidades convocadas son:
1. Corpo de profesores de ensino secundario (590):
CÓDIGO |
DENOMINACIÓN ESPECIALIDADE |
590007 |
Física e química |
590016 |
Música |
590019 |
Tecnoloxía |
590053 |
Lingua e literatura galega |
590107 |
Informática |
2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)
CÓDIGO |
DENOMINACIÓN ESPECIALIDADE |
591211 |
Mecanizado e mantemento de máquinas |
591222 |
Procesos de xestión administrativa |
591227 |
Sistemas e aplicacións informáticas |
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ mércores día 18 de novembro ata o día 24 de novembro de 2020, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada [2] e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ mércores día 18 de novembro.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.
- Resolución do 13 de outubro de habilitación do procedemento ED003A (enlace DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201021/AnuncioG0598-151020-0003_gl.pdf [3])
- Resolución do 17 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e de profesores técnicos de formación profesional (591) (código de procedemento ED003A).
File: