Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > DigiTalent – Amplíase o prazo de inscricións das Charlas educativas ata o 15 de marzo

DigiTalent – Amplíase o prazo de inscricións das Charlas educativas ata o 15 de marzo [1]

Enviado por administrador a Ven, 06/03/2020 - 14:54
DigiTalent – Amplíase o prazo de inscricións das Charlas educativas ata o 15 de marzo [2]
Gallego

Os centros educativos poderán solicitar a inscrición no programa de Charlas educativas ata o próximo 15 de marzo.

As Charlas DigiTalent impartiranse nos centros educativos co obxectivo de mellorar a visión e percepción que o alumnado ten do mundo TIC.  A través da colaboración de grandes empresas do sector, achegarase aos centros educativos a experiencia e proxectos dos profesionais que as conforman, baixo temáticas vinculadas ás novas tendencias dixitais como a Intelixencia Artificial, Blockchain, Ciencia do dato ou a Ciberseguridade, entre outras.

Os centros educativos poderán inscribirse ás charlas nas que estean interesados consultando a listaxe de charlas ofertadas polas empresas colaboradoras e a temática das mesmas, coa finalidade de promover no seu centro o atractivo vocacional das carreiras STEM.

O formulario de inscrición e máis información sobre o programa están dispoñibles na web DigiTalent:

  • https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/charlas-digitalent [3]
Ligazóns de interese [4]
Profesorado [5]
Alumnado [6]
Centros [7]
Boletín [8]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30467

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30467
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/digitalent.jpg
[3] https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/charlas-digitalent
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/171
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613