Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Convocatoria do Concurso de Curtas Senda dos Faros

Convocatoria do Concurso de Curtas Senda dos Faros [1]

Enviado por administrador a Mar, 10/12/2019 - 11:20
Convocatoria do Concurso de Curtas Senda dos Faros [2]
Gallego

Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se aproban as bases e se convoca o Concurso de Curtas Senda dos Faros

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan o Concurso de Curtas Senda dos Faros. Este certame é unha das iniciativas programadas para pór en valor a Senda dos Faros, no marco do convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, Agader, o Instituto de Estudos do Territorio (IET) e Fundación Galicia Sustentable e en colaboración con Energias de Portugal Renováveis (EDPR).

Está destinado ao alumnado dos centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que impartan ensinanzas de educación secundaria (ESO, bacharelato, formación profesional básica e ciclos formativos de grao medio) e especiais de grao medio, sostidas con fondos públicos. Poderá participar con vídeos dunha duración máxima de 5 min.

Establécense premios para as tres mellores curtas (que inclúen a asistencia á proxección no festival de Cans), así como galardóns á mellor actriz, ao mellor actor e especial do público.

A/O docente responsable dos vídeos que acaden o 1.º, 2.º e 3.º galardóns recibirá unha certificación de Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.

O prazo para solicitar a participación rematará o 30 de xaneiro de 2020 e a data límite de envío dos vídeos será o 30 de marzo de 2020.

O concurso ten como obxectivos:

  • pór valor, promover e fomentar o coñecemento do patrimonio, a paisaxe, a natureza, as lendas, a gastronomía, ou calquera outro activo do territorio polo que atravesa a Senda dos Faros

  • dinamizar o uso da lingua galega entre o alumnado e entre a comunidade educativa

  • promover unha imaxe positiva e actual do galego por medio da vinculación coas tecnoloxías da información e da comunicación

  • favorecer a presenza e o uso do galego en novos espazos e soportes

  • fomentar o galego oral, coa creación de novos ámbitos de uso frecuente que favorezan a utilización da lingua dentro e fóra das aulas

File: 

PDF icon Convocatoria [3]
PDF icon Anexos I e II [4]
PDF icon Anexo III [5]
PDF icon Acordo de ampliación do prazo de presentación das solicitudes de participación [6]
PDF icon Acordo de ampliación do prazo de envío dos vídeos [7]
PDF icon Resolución do Concurso de Curtas Senda dos Faros [8]
Lingua galega [9]
Programas e plans [10]
Educación secundaria obrigatoria [11]
Bacharelato [12]
Formación Profesional inicial [13]
Ensinanzas de réxime especial [14]
Entidades autonómicas [15]
Profesorado [16]
Alumnado [17]
Centros [18]
Boletín [19]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/29774

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/29774
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/wwsendamage_gallery.png
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/convocatoria_concurso_curtas_senda_dos_faros.pdf
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexos_i_e_ii_concurso_curtas_senda_dos_faros.pdf
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_iii_concurso_curtas_sendadosfaros.pdf
[6] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/acordo_de_ampliacion_prazo_solicitudes_concurso_faros.pdf
[7] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/acordo_ampliacion_prazo_concurso_senda_dos_faros_2019-2020.pdf
[8] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_concursocurtassendadosfaros.pdf
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/234
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/133
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/83
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/84
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/85
[14] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/109
[15] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/404
[16] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[17] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[18] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[19] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613