Convocatoria do curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva no ano 2019 que acredite para o acceso a postos de dirección en centros docentes [1]
Enviado por administrador a Mér, 02/10/2019 - 08:55Xúntase a Resolución do 23 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva no ano 2019 que acredite para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.
A Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modificou o artigo 134.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, incluíndo entre os requisitos para poder participar no concurso de méritos para a selección de directores e directoras de centros públicos "estar en posesión da certificación acreditativa de ter superado o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva".
Esta formación está regulada no Real Decreto 894/2014, do 17 de outubro, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en base ó cal se realiza este curso que acreditará para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.
Ofértanse 150 prazas para toda a Comunidade Autónoma, aínda que se poderán ampliar de existir máis demanda entre o profesorado que cumple os requisitos para exercer a dirección de centros no vindeiro curso académico.
Provincia |
Prazas |
A Coruña |
50 |
Lugo |
25 |
Ourense |
25 |
Pontevedra |
50 |
Total |
150 |
Poderá solicitalo todo o persoal funcionario dos centros docentes públicos que impartan as ensinanzas reguladas pola Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación: o persoal funcionario de carreira terá prioridade na selección.
A inscrición e xestión realizarase a través da aplicación FProfe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe [2], e o prazo para facelo será de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da Resolución no Diario Oficial de Galicia.
O curso terá unha duración de 150 horas que se desenvolverán en rede, a través de Platega (https://www.edu.xunta.es/platega2 [3]), contando tamén con sesións presenciais que se realizarán de xeito centralizado. A súa temporalización está prevista para os meses de outubro a marzo do vindeiro ano.
Constará de sete módulos, que será preciso superar para obter a certificación, nos que se abordarán os seguintes bloques temáticos:
-
Módulo I (troncal). Marco normativo aplicable aos centros docentes.
-
Módulo II (troncal). Organización e xestión de centros docentes.
-
Módulo III (troncal). Xestión dos recursos do centro docente.
-
Módulo IV (troncal). Factores clave para unha dirección eficaz.
-
Módulo V (troncal). Rendición de contas e calidade educativa.
-
Módulo VI (específico). Módulo específico de Galicia.
-
Módulo VII (troncal). Proxecto de dirección.
Quen estea en posesión dun máster ou título de posgrao de carácter oficial sobre a dirección e xestión de centros docentes quedará exento da realización e avaliación de todos os módulos troncais, agás o referido ao Proxecto de dirección, e non computará a efectos das prazas ofertadas.
As persoas que xa teñan a habilitación ou acreditación, ou ocuparan o posto de dirección nos cinco anos seguintes á entrada en vigor da Lei 8/2013, de 9 de decembro, poderán facer o curso de actualización das competencias directivas, que se convocará nos vindeiros días, para poder participar nos procedementos selectivos de direccións de centros públicos, e que terá unhas características similares pero cunha duración de 75 horas lectivas.
File: