Curso: Educar para a igualdade nas relacións afectivo-sexuais [1]
Enviado por asesoria.igualdade a Ven, 06/09/2019 - 14:26O Plan Anual de Formación do Profesorado arranca o curso con esta actividade formativa: Conmemorando a igualdade todo o ano. Trátase dunha actividade que contribúe a traballar contidos básicos relacionados coa igualdade de xénero e coa diversidade e que pon o foco na súa aplicación na aula.
Ofértase todos os CFR:
Santiago de Compostela. S1901077. 2º trimestre
A Coruña. C1901019. 1º trimestre
Ferrol. F1901018. 1º trimestre (ACTIVIDADE ANULADA)
Lugo. L1901015. 1º trimestre
Ourense. O1901015. 1º trimestre
Pontevedra. P1901016. 2º trimestre
Vigo. V1901033. 2º trimestre
Duración: 20 h
- 16 presenciais + 4 non presenciais na Coruña, Ferrol (ANULADA), Lugo, Ourense e Pontevedra
- 12 presenciais + 8 non presenciais en Santiago de Compostela e Vigo.
Para a realización das horas non presenciais proporase a realización dunha unidade didáctica baseada nalgunha das temáticas abordadas nas distintas sesións.
Pódese consultar toda a oferta formativa relacionada coa igualdade na seguinte ligazón [2]. Para acceder á matrícula cómpre entrar en FPROFE [3].
Pódese consultar nesta nova información de interese relacionada coa educación afectivo-sexual [4].
Tema:
Sección: