Prazo e forma de presentar renuncias e reclamacións á adxudicación provisional de destinos - CADP Secundaria [1]
Enviado por administrador a Xov, 01/08/2019 - 16:30Segundo se indica na propia aplicación, o prazo para renunciar e presentar alegacións é dende o 01/08/2019 ata o 03/09/2019.
Para renunciar á adxudicación provisional de destinos deben seguirse os seguintes pasos:
1º Acceder á aplicación CADP e autenticarse : https://www.edu.xunta.gal/cadp/ [2]
2º Ir ao menú Instancias e indicar a ou as instancias ás que renuncia.
3º Descargar o documento PDF da renuncia ou renuncias.
4º Acceder a Sede Electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/a-mina-sede [3]
5º Sobre cada un dos expedientes nos que desexa renunciar, Acción > Renuncia
6º Encher os campos que se requiran e anexar o documento pdf da renuncia correspondente, seguir os pasos que se indican ata finalizar a presentación da renuncia.
Para facer unha alegación:
1º Acceder a Sede Electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/a-mina-sede [3]
2º Sobre cada un dos expedientes nos que desexa alegar, Acción > Alegacións
3º Encher os campos solicitados e presentar na mesma Sede electrónica