Listaxe provisional de admitidos e excluídos das axudas de apoio á etapa posdoutoral de 2019, modalidade A nas universidades do SUG, nos organismos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego [1]
Enviado por administrador a Mar, 30/07/2019 - 10:04En relación coas solicitudes da modalidade A das axudas para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, convocadas pola Orde do 28 de maio de 2019 (DOG número 111, do 13 de xuño), a Secretaría Xeral de Universidades e a GAIN, de acordo co artigo 9 da citada Orde, requiren as entidades solicitantes mediante este anuncio na páxina Web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (http://www.edu.xunta.es/ [2]) e na páxina da GAIN (http://gain.xunta.es/ [3]) para que nun prazo de dez días naturais (do 31 de xullo ao 9 de agosto de 2019, ambos os dous incluídos), formulen reclamacións para emendar erros ou falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades, no caso das solicitudes presentadas polas universidades do SUG, ou ante a dirección da GAIN nos demais casos, e achegarán a documentación oportuna.
Unha vez transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, considerarase que a entidade solicitante desiste da súa petición nos termos establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e logo da correspondente resolución arquivarase o seu expediente sen máis.