XI edición do Premio Nacional de Educación para o desenvolvemento "Vicente Ferrer" [1]
Enviado por boletin a Ven, 12/07/2019 - 10:31A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), adscrita ao Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, convoca, xunto co Ministerio de Educación e Formación Profesional, a XI edición do Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento "Vicente Ferrer" dirixido a centros docentes sostidos con fondos públicos (públicos e concertados) nos niveis de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Educación de Persoas Adultas, Bacharelato e Formación Profesional.
A convocatoria ten por obxecto premiar experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas realizadas durante o curso académico 2018/2019 destinadas a sensibilizar, concienciar, desenvolver o espírito crítico, e fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha cidadanía global, solidaria, comprometida coa erradicación da pobreza e as súas causas e o desenvolvemento humano e sustentable.
Premiaranse 15 experiencias educativas, repartidas entre os distintos niveis educativos.
Un máximo de dous docentes responsables de cada experiencia educativa premiada viaxarán a Xordania para participar no Seminario de Intercambio e Formación en Boas Prácticas en Educación para o Desenvolvemento celebrado baixo o auspicio da AECID.
O seminario celebrarase entre o 5 e o 13 de novembro (ambos inclusive) de 2019 e terá unha duración de 40 horas recoñecidas como créditos de formación polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.
O prazo de presentación de solicitudes e da documentación comezará a partir das 14.00 h. do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOE e finalizará ás 14.00 horas do día 7 de setembro de 2019.
Para máis información:
https://www.aecid.gob.es/es/Paginas/DetalleProcedimiento.aspx?idp=327 [2]
Tema:
Sección: