Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2019/2020 [1]
Enviado por administrador a Lun, 10/06/2019 - 09:03Xúntase a Orde do 28 de maio de 2019 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2019/20.
O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
- 1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 12 de xullo de 2019 (este incluído).
- 2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 9 de agosto de 2019 (este incluído).
As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.
File:
