2º Concurso literario "Cambados Mar de Letras 2019" [1]
Enviado por boletin a Xov, 16/05/2019 - 09:37O IES Francisco Asorey de Cambados, co Patrocinio do Concello de Cambados, convoca na súa 2ª edición, o Concurso Literario “Cambados Mar de Letras”.
Vai dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, que estean cursando estudos de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos, e sempre que non superen os 20 anos de idade.
Modalidades
• POESÍA: cunha extensión máxima de 100 versos, nun único ou varios poemas, de tema e forma libres.
• RELATO CURTO: cunha extensión comprendida entre 3 e 6 folios, de tema libre, mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara.
Presentación das obras
As obras deberán ser orixinais, inéditas e escritas en Lingua Galega, segundo a normativa ortográfica vixente. Deberán enviarse 4 copias en papel, e unha en formato dixital (Word, pdf, open office) nun CD ou nun Pendrive. Neles figurará o título e a plica, ou pseudónimo, do autor. Os orixinais virán acompañados dun sobre pechado onde figurarán os seguintes datos: Nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono, correo electrónico, fotocopia do DNI, Centro no que realiza os seus estudos, e o curso no que está matriculado. No sobre exterior figurará só o nome da obra e a plica; e serán enviados a:
2º CONCURSO LITERARIO “CAMBADOS MAR DE LETRAS” IES FRANCISCO ASOREY R/ OS CAEIROS Nº 25 36630 CAMBADOS PONTEVEDRA.
Prazo de presentación
Estará aberto dende o 17 de Maio do 2019 ata 10 de Outubro de 2019.
Máis información
File:
Tema:
Sección: