Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Publicación da adxudicación provisional do concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para o ano 2019

Publicación da adxudicación provisional do concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para o ano 2019 [1]

Enviado por administrador a Mér, 20/03/2019 - 08:39
Gallego

De acordo co establecido na base vixésimo novena da Orde do 15 de outubro de 2018 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes aplicadas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (DOG núm. 208, do 31 de outubro), o persoal concursante poderá formular reclamación á resolución provisional no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.

O persoal docente que desexe renunciar á súa participación no concurso deberá formular a súa renuncia aínda no suposto de que non obtivese destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, podería obter destino na resolución definitiva.

  • O prazo para fomular reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 21 de marzo e o 3 de abril ambos incluídos.

As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base vixésimo segunda e, en todo caso, unha vez rexistradas, adiantaranse por correo electrónico a: persoal.primaria@edu.xunta.gal [2]

 

Información relacionada

Anuncio principal: 

Concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2019 [3]

Servizo relacionado: 

CXT [4]
Programas e plans [5]
Concurso de traslados [6]
Educación infantil [7]
Educación primaria [8]
Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria [9]
Profesorado [10]
Boletín [11]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/27295

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/27295
[2] mailto:persoal.primaria@edu.xunta.gal
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/26305
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1771
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/133
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/195
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/81
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/50
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613