IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos [1]
Enviado por boletin a Ven, 11/01/2019 - 09:14A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), convoca o IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia. A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 4 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar polo menos cun docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado. Distínguense tres categorías:
- Categoría A: 1º e 2º de ESO.
- Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
- Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.
Datas importantes:
- Inscrición de traballos: dende o 18 ata o 31 de marzo de 2019.
- Entrega dos traballos finalizados: dende o 1 ata o 14 de abril de 2019.
- Do 13 ao 19 de maio de 2019 daranse a coñecer os traballos finalistas e a data do acto de entrega de premios.
File:
Tema:
Sección: