11ª Edición dos premios Educacompostela de recursos educativos en prol da innovación,a calidade educativa e a renovación pedagóxica [1]
Enviado por boletin a Xov, 11/10/2018 - 13:28
O Concello de Santiago de Compostela e Nova Escola Galega convocan os Premios Educacompostela co fin de recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.
Temática: Os materiais didácticos poderán estar dirixidos aos diferentes niveis do ensino e poderán tratar sobre aqueles temas que o profesorado considere oportuno abordar no desenvolvemento do currículo nos seus centros educativos, ben sexa en educación infantil, primaria, secundaria ou en etapas postobrigatorias. Así mesmo, tamén se poderán presentar materiais elaborados e destinados a outros contextos educativos non escolares.
Dotación dos premios:
Primeiro premio: 1.200,00 €
Segundo premio: 900,00 €
Terceiro premio: 600,00 €
Os materiais presentados deberán ser orixinais e inéditos. Deberán estar redactados ou elaborados en lingua galega. Non poderán participar aqueles traballos que foran premiados con anterioridade. Cada material ou conxunto de materiais deberá ir acompañado dun texto explicativo que dea conta das súas características, estrutura, obxectivos, destinatarios/as, integración no currículo e proceso de elaboración, experimentación e avaliación seguido. Poderá participar individualmente ou en grupo quen teña producido materiais didácticos sobre os temas relacionados. Os orixinais para optar aos premios deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela.
Prazo de presentación: ata o 31 de outubro de 2018.
File:
Tema:
Sección: