Listaxes provisorias de persoal admitido e excluído do concurso-oposición ao corpo de profesores de ensino secundario, técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e mestres para o ano 2018 [1]
Enviado por administrador a Mar, 22/05/2018 - 15:31Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo).
- O prazo de reclamación contra a lista provisoria de persoas admitidas e exluídas comeza o mércores día 23 de maio e remata o martes día 29 de maio de 2018. As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de acordo co establecido na base cuarta da Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG nº57, do 21 de marzo)
-
Nota importante: debido a que os servizos da sede electrónica non estarán dispoñibles ao longo de case todo o día 26 de maio, amplíase o prazo para formular reclamacións contra a lista provisoria de persoal admitido e excluído, de xeito que o prazo rematará o 30/05/2018.
-
Como formular reclamacións contra a lista provisoria de persoal admitido e excluído: https://www.edu.xunta.gal/oposicions/PaxinaInicio.do#P_1 [2]