Alumnado con trastornos da aprendizaxe [1]
Enviado por sdweb005 a Mar, 26/04/2011 - 13:47Xa na Grecia clásica, Aristóteles reflexionaba sobre a necesidade de saber como está feito un nó para ser quen de desfacelo. Non é unha novidade, polo tanto, a motivación que fai que ano tras ano, desde a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, tratemos de achegar a todas as persoas que integran a comunidade educativa, as características do alumnado das nosas aulas. Nesta entrega da colección Orientacións e respostas educativas, dedicada ao alumnado con trastornos de aprendizaxe, pretendemos centrar a atención das familias e do profesorado –especialista ou non– nas necesidades educativas desas nenas e deses nenos que afrontan as aprendizaxes escolares coa carga engadida de ter que superar as súas dificultades coa lectura, o cálculo, a expresión escrita, a comprensión...
Dificultades que realmente non teñen ningunha correlación coa súa idade, escolarización ou nivel de intelixencia.
Website:
Colectivo:
Sección: