Acreditación de competencias. Convocatoria 2018 [1]
Enviado por administrador a Mér, 10/01/2018 - 11:15Publicada a Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Importante
- A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.gal/acreditacion [2]. Esta aplicación estará activa a partir do 10 de xaneiro de 2018.
- A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.
- Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
- O prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiro ata o 2 de febreiro de 2018.
- Máis información da convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesionais [3]