Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > A Xunta destina case 553.000 euros ás axudas ás ANPAs que xestionan comedores escolares

A Xunta destina case 553.000 euros ás axudas ás ANPAs que xestionan comedores escolares [1]

Educación vén de convocar esta liña de subvencións no Diario Oficial de Galicia

O Goberno galego aporta ata un máximo do 50 por cento do custo deste servizo en cada centro correspondente

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará un total de 552.998 euros ás axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado de centros públicos no presente curso. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria desta liña de subvencións. Os detalles poden consultarse no enlace web https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170609/AnuncioG0164-300517-0007_gl.html [2] .

Coa axuda da Consellería poderá financiarse ata un máximo do 50% do custo do servizo, podendo ser empregada para sufragar o custo do menú, a vixilancia e o coidado do alumnado, o desenvolvemento dos programas complementarios de promoción da saúde e das habilidades persoais, os gastos orixinados pola contratación de persoal que desenvolva o labor de atención ao alumnado con necesidades específicas, ou os gastos ocasionados pola contratación de pólizas de seguros vinculadas directamente á prestación do servizo de comedor escolar.

Grazas a esta mesma convocatoria, no curso pasado beneficiáronse das axudas da Xunta un total de 95 ANPAs (todas as que cumprían os requisitos), o que supuxo atender o 95 por cento% das solicitudes presentadas.

Presentación de solicitudes

Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións, federacións e confederacións de nais e pais de alumnado que xestionen, directa ou indirectamente, o servizo do comedor nas instalacións dos centros escolares correspondentes. As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento común administrativo das administracións públicas, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal [3]. Para a presentación das solicitudes poderanse empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365 [4]).

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Bolsas [5]
Comedores escolares [6]
Ensinanzas de réxime xeral [7]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [8]
Servizo de Xestión de Comedores Escolares [9]
Familias [10]
Centros [11]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/22415

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/22415
[2] https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170609/AnuncioG0164-300517-0007_gl.html
[3] https://sede.xunta.gal/
[4] https://sede.xunta.gal/chave365
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/238
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/128
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/658
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/familias
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros