Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Aberto o prazo para que as ANPAs de centros de educación especial soliciten axudas para financiar as súas actividades

Aberto o prazo para que as ANPAs de centros de educación especial soliciten axudas para financiar as súas actividades [1]

A Consellería de Cultura e Educación habilita unha partida de 73.666 euros co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento das actuacións e a gastos de xestión, material e mantemento das instalacións das confederacións, federacións e ANPAs de centros de educación especial
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de convocar as axudas para financiar actividades das confederacións e federacións e asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para este ano.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde de axudas dotada cunha partida de 73.666 euros (pode consultarse no enlace web http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170419/AnuncioG0164-060417-0003_gl.html [2]. O obxecto desta convocatoria é contribuír ao desenvolvemento das actividades e a sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material e mantemento ordinario das instalacións.

As entidades interesadas dispoñen de prazo ata o vindeiro 19 de maio para facer a correspondente solicitude, que deberá presentarse unicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e xuntar toda a documentación que se require.

A Consellería de Cultura e Educación consolida a contía para tal fin, logo de que en 2015 -en aras dunha mellor atención ao alumnado con necesidades educativas específicas- a incrementara nun 40 por cento con respecto a exercicios anteriores.

Na convocatoria de 2016 resultaron beneficiadas un total de 34 entidades que aglutinan a confederacións, federacións e asociacións de pais de alumnos de centros de Educación Especial censados na Consellería. Neses casos, os importes das axudas oscilaron entre os 910 e os 9.831euros.

Bolsas [3]
Ensinanzas de réxime xeral [4]
Consellería de Cultura, Educación e Universidade [5]
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos [6]
Subdirección Xeral de Centros [7]
Familias [8]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/21803

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/21803
[2] http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170419/AnuncioG0164-060417-0003_gl.html
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/238
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/9
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/54
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/familias