Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Convocatoria do Proxecto Escornabots na biblioteca escolar 2017- Centros PLAMBE

Convocatoria do Proxecto Escornabots na biblioteca escolar 2017- Centros PLAMBE [1]

Enviado por administrador a Mar, 18/04/2017 - 09:48
Gallego

Xúntase a convocatoria de 17 de abril, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no contexto do Plan LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información, Aprendizaxe), do proxecto  "Escornabots na biblioteca escolar", para a introdución dos robots e da linguaxe de programación nas bibliotecas escolares dos centros que matriculan alumnado de educación infantil e primaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o ano 2017.

Este programa, iniciado en 2016,  pretende estimular a iniciación do alumnado de infantil e primaria no campo da robótica e na linguaxe de programación a través de actividades manipulativas e outras,  programadas desde a biblioteca escolar, mediante a utilización de pequenos robots, os Escornabots, deseñados dentro dun proxecto de hardware libre, cunha evolución aberta á comunidade. Búscase, así mesmo, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple, o razoamento lóxico, a aprendizaxe manipulativa, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.

Poderán presentar a súa solicitude centros públicos con alumnado de ensinanza infantil e primaria integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no presente curso 2016/2017. Os centros que xa participaron na primeira convocatoria poderán solicitar a súa continuidade que estará vinculada á valoración da memoria de actividades no período 16-17.

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de abril de 2017.

File: 

PDF icon Convocatoria de 17 de abril: Proxecto "Escornabots na biblioteca escolar" [2]
PDF icon Resolución da convocatoria [3]
PDF icon Resolución de 31 de maio de 2017 pola que se amplía o orzamento dispoñible para a financiación do Proxecto Escornabots [4]
Plan LÍA [5]
Bibliotecas escolares [6]
Educación infantil [7]
Educación primaria [8]
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos [9]
Profesorado [10]
Alumnado [11]
Centros [12]
Boletín [13]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/21792

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/21792
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/convoc_escornabots_2017_final.pdf
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_escornabots_17.pdf
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ampliacion_proxexto_escornabots2017.pdf
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/424
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/126
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/81
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/9
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613