Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Preto de 160 docentes obteñen licenzas por formación este curso co fin de actualizar os seus coñecementos

Preto de 160 docentes obteñen licenzas por formación este curso co fin de actualizar os seus coñecementos [1]

A través destes permisos poderán afondar en cuestións coma a creación de materias curriculares dixitais ou plurilingües e perfeccionamento de linguas estranxeiras no exterior, entre outros

Gallego

Un total de 157 docentes disporán este curso de licenzas de formación a través das cales poderán perfeccionar os seus coñecementos sobre cuestións como as materias curriculares dixitais ou as plurilingües e o perfeccionamento de linguas estranxeiras no exterior, entre outros.

Estes permisos por formación -que poden durar ata un máximo de tres meses- teñen como obxectivo favorecer a actualización de coñecementos en prol da innovación e da mellora da calidade do ensino galego. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destina un orzamento de máis de 1,3 millóns de euros para o financiamento destas licenzas.

A resolución das licenzas concedidas para este curso 2016/17 poden consultarse no enderezo web (http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160930/AnuncioG0164-220916-0002_gl.html [2] ).

Modalidades

Do total das 157 licenzas por formación concedidas nas seis modalidades convocadas, 62 son para o perfeccionamento de linguas estranxeiras no exterior, que está dirixida preferentemente ao profesorado non especialista de ensino primario e secundario e de Formación Profesional. Outras 54 son para o desenvolvemento de proxectos individuais ou grupos de traballo (de dous ou tres membros) para a creación de materias curriculares dixitais para primaria e secundaria e atención á diversidade. Así mesmo concedéronse 31 permisos para -tamén de xeito individual ou grupal- a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

Licenzas por formación [3]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [4]
Profesorado [5]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/20088

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/20088
[2] http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160930/AnuncioG0164-220916-0002_gl.html
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/224
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado