Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Exposición "Dúas illas" no IES San Clemente en Santiago de Compostela

Exposición "Dúas illas" no IES San Clemente en Santiago de Compostela [1]

Enviado por boletin a Ven, 10/06/2016 - 11:20

O día 18 de maio de 2016 ás 13:00, inaugurouse  a exposición “Dúas illas”, con obras de catorce docentes-artistas de diferentes lugares e máis de trinta alumnos e alumnas do CEIP de Sestelo-Baión, IES da Illa de Arousa e 1º EPAL de Ierápetra.

Trátase dunha das trinta e seis exposicións enREDadas que se realizan simultaneamente en varias cidades do mundo. No noso caso, tratamos o tema das illas de Arousa e Crhysí (historia, xeografía, natureza, turismo, etc), que estamos a traballar no Plan Proxecta San Clemente Paisaxe e Sustentabilidade e no proxecto eTwinning Two Islands Inspire.

Esta exposición benéfica conta co patrocinio da UNESCO e do Concello da Illa de Arousa. Pódese visitar até finais de xuño no IES San Clemente, de luns a venres, de 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 23:00. Posteriormente, no auditorio da Illa de Arousa.

Máis información, na ligazón aportada.

 

Gallego
Cartel da exposión "Dúas illas" [2]

Website: 

Ligazón á exposición “Dúas illas” [3]

Tema: 

Ligazóns de interese [4]

Colectivo: 

Profesorado [5]
Alumnado [6]
Familias [7]
Centros [8]

Sección: 

Boletín [9]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/19218

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/19218
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2016/06/10/a16cf0f2256baf862c4fc72529cba1da.jpg
[3] https://www.iessanclemente.net/2016/05/24/inauguracion-da-exposicion-duas-illas/
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/171
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/familias
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613