Datas, horas e lugares na que se fará a presentación e a primeira proba dos aspirantes ao concurso-oposición ao corpo de inspectores de educación, secundaria, técnicos de formación profesional, mestres e novas especialidades para o ano 2016 [1]
Enviado por administrador a Xov, 16/06/2016 - 08:45Xúntase a Resolución do 8 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia convocados pola Orde do 4 de abril (DOG do 19 de abril), polas que se anuncian as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación dos aspirantes e tamén as datas, as horas e os lugares en que terá lugar a primeira proba.