Comisións de servizos por conciliación familiar e laboral (2016) [1]
Enviado por administrador a Lun, 09/05/2016 - 10:21O primeiro prazo de solicitude de comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral é do 10 de maio de 2016 ao 24 de maio de 2016
Poderán solicitar comisións de servizo por conciliación da vida familiar e laboral neste prazo todos os docentes do corpo de catedráticos, ensinanza secundaria, profesorado técnico de formación profesional, profesorado de música e artes escénicas, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado ou mestre de artes plásticas, mestres que participaron no concurso de traslados e sexan funcionarios de carreira desta Comunidade Autónoma.
O profesorado funcionario de carreira que non participou no concurso de traslados o prazo para solicitar é do 16 de maio de 2016 ao 31 de maio de 2016.
Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp [2] e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.
Teléfonos de contacto:
Profesorado de secundaria: 981545406 e 981 545255
Mestres: 981544488, 981544482 e 9815545495
Correos electrónicos:
Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es [3]
Mestres; persoal.primaria@edu.xunta.es [4]
File: