Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Convocatoria de 11 de abril de 2016, da D.X. de Centros e Recursos Humanos, do III Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación ou coa participación da biblioteca escolar

Convocatoria de 11 de abril de 2016, da D.X. de Centros e Recursos Humanos, do III Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación ou coa participación da biblioteca escolar [1]

Enviado por administrador a Mar, 12/04/2016 - 09:30
Gallego

Xúntase a convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 11 de abril de 2016, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), do III CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para o curso 2015/2016.

Búscase estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias de traballos por proxectos, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación do equipo de biblioteca escolar ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ou ABP), realizados en centros non universitarios durante o presente curso 2015/2016.

Os centros participantes deberán optar por unha destas modalidades:

  1. Proxectos de carácter interdisciplinario, ou Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar, e que conten coa participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula existentes no centro (ou un 40% dos departamentos).  
  2. Proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, nas seguintes sub-modalidades:
    1. Traballos de grupo/nivel
    2. Traballos de ciclo/departamento
    3. Proxectos realizados na materia de libre configuración de 1º/2º de ESO “Investigación e Tratamento da Información”, ou noutras materias equivalentes en ESO ou primaria.

Todos estes traballos teñen que realizarse co apoio e colaboración da biblioteca escolar e contando cos seus recursos e posibilidades.

A temática do proxecto escollida pode ser de calquera ámbito do coñecemento, pero contemplarase un apartado especial de traballos do ámbito científico

  • O prazo para a presentación dos traballos remata o 30 de xuño de 2016.

File: 

PDF icon Convocatoria de 11 de abril de 2016: III Concurso de Traballos por Proxectos [2]
PDF icon Resolución do III Concurso de Traballos por Proxectos [3]
Plan LÍA [4]
Bibliotecas escolares [5]
Ensinanzas de réxime xeral [6]
Ensinanzas de réxime especial [7]
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos [8]
Subdirección Xeral de Centros [9]
Profesorado [10]
Centros [11]
Boletín [12]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/18672

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/18672
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/dxcrrhh_bescolares_iiiconcursottp_2016.pdf
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resoluc_iiiconcurso_traballos_por_proxectos_16.pdf
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/424
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/126
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/109
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/9
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/54
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613