Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > A Consellería de Cultura e Educación busca estender a rede de centros plurilingües de cara ao próximo curso

A Consellería de Cultura e Educación busca estender a rede de centros plurilingües de cara ao próximo curso [1]

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para a incorporación de novos centros a este modelo educativo, ao que xa están adheridos 220

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pretende estender a Rede de Centros Plurilingües de Galicia cunha nova convocatoria –que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia– de cara ao próximo curso 2015/2016. Os centros de educación primaria e secundaria sostidos con fondos públicos que queiran adherirse a este modelo educativo deberán presentar a súa solicitude antes do 30 de abril.

A convocatoria pode consultarse no enderezo electrónico http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150416/AnuncioG0164-070415-0002_gl.html [2]

Nela terán que incluír o proxecto de desenvolvemento do programa plurilingüe en cada un dos cursos da etapa para a que se propoña, con indicación do curso ou cursos de ampliación no ano académico 2015/2016, así como a planificación e extensión na etapa nos vindeiros períodos.

Ademais, cada centro deberá concretar as áreas ou materias que se impartirán en lingua estranxeira, xuntar información relativa á experiencia en plans e programas anteriores vinculados a este ámbito e enviar unha relación do profesorado con destino definitivo –ou contratado no caso dos concertados– encargado de impartir docencia. Neste sentido, tamén se requirirá a pertinente titulación que acredite a competencia lingüística dos docentes.

As solicitudes poderán presentarse, preferiblemente, vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta. Os centros que soliciten integrarse a esta rede o vindeiro curso sumaranse aos 220 que actualmente teñen este modelo educativo baseado no plurilingüismo. 

Centros plurilingües [3]
Educación primaria [4]
Educación secundaria obrigatoria [5]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [6]
Profesorado [7]
Centros [8]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/14699

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/14699
[2] http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150416/AnuncioG0164-070415-0002_gl.html
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/607
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/83
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros