G1401061 Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero [1]
Enviado por portalcafi a Ven, 06/02/2015 - 13:01ORIENTACIÓN, TITORÍA E CONSTRUCIÓN DA IDENTIDADE LIBRE DE ESTEREOTIPOS DE XÉNERO
Contrución da identidade libre de estereotipos de xénero no medio académico e deseño de propostas de orientación académica e profesional non sexista, coeducativa e inclusiva.
Referencia: G1401061
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 09/02/2015 - 27/04/2015
Lugar: En rede Enlace a platega: https://www.edu.xunta.es/platega2/ [2]
Horas totais: 30 h.
Destinatarios:preferentemente, os xefes e xefas dos departamentos de orientación
Obxectivos:
- Reflexionar sobre a influencia dos estereotipos e roles de xénero na construción da identidade.
- Fomentar a centralidade no emprego das rapazas e a corresponsabilidade dos rapaces.
- Promover a diversificación formativa e profesional e a toma de decisións libre de estereotipos de xénero.