Relación provisional do profesorado seleccionado na convocatoria de licenzas por formación para o curso 2014-2015 destinadas a funcionarios docentes non universitarios, para a formación en linguas estranxeiras en Canadá e Francia [1]
Enviado por administrador a Mér, 17/09/2014 - 13:48Xúntase a Comunicación do 17 de setembro de 2014 pola que se fai publica a relación provisional do profesorado seleccionado na convocatoria de licenzas por formación para o curso 2014-2015 destinadas a funcionarios docentes non universitarios, conforme ao baremo que figura no Anexo III da Orde do 30 de abril de 2014 (DOG do 12 de maio) e á resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se realiza a oferta pública de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Canadá e Francia.
Establécese un prazo de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación, para que os interesados poidan efectuar as posibles reclamacións.