S1401077 Uso educativo dos recursos de audio na aula de música [1]
Enviado por portalcafi a Mar, 09/09/2014 - 09:50Curso de formación de 21 horas, para o profesorado de música que terá lugar no CAFI nos meses de outubro e novembro.
Proporcionaranse os coñecementos básicos necesarios para a gravación, edición e secuenciación de audio a través do uso de microfonía, interface de audio e programas informáticos de edición musical.
Tratarase de dinamizar ás ferramentas didácticas xa existentes nos centros coa finalidade de crear unha comunidade participativa e editora de actividades propias a través da radio escolar, páxinas web dos centros, etc.
Procurarase a adquisición de estratexias para fomentar a autonomía do alumnado no manexo dos sistemas de gravación e edición de audio.
Gallego
Comezo do curso: 22 de outubro.
Data de finalización: 19 de novembro.
Lugar de celebración: CAFI, aula 11.
Numero de horas totais: 21h.
Enlace a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod_actividade=61231 [2]
Enlace a aula virtual:http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/ [3]

CAFI [4]