Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > O vindeiro curso seis escolas unitarias deixarán de prestar servizo educativo, a menor redución levada a cabo pola administración educativa desde que se teñen datos, motivada pola baixa natalidade

O vindeiro curso seis escolas unitarias deixarán de prestar servizo educativo, a menor redución levada a cabo pola administración educativa desde que se teñen datos, motivada pola baixa natalidade [1]

A Consellería de Cultura e Educación realiza antes do inicio de cada curso a reorganización de unidades, conforme ao número de alumnas e alumnos de cada centro

Os datos demográficos amosan unha caída dos escolares en Infantil duns 2.000 alumnos

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de rematar a revisión da matriculación dos centros escolares nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial para o vindeiro curso, no marco do habitual proceso realizado polo departamento educativo da Xunta de Galicia antes do inicio de cada curso co fin de adecuar o número de unidades ao de alumnas e alumnos matriculados en cada centro educativo. Conforme aos datos recompilados, o vindeiro curso escolar deixarán de prestar servizo educativo 6 escolas unitarias, o que supón a menor redución de centros dunha soa unidade na última década. Cómpre sinalar que, malia ao actual contexto de crise, a Consellería mantén o mesmo criterio para suprimilas: que contén con cinco ou menos alumnos. Ademais, os datos demográficos amosan unha caída do número de escolares na etapa de Infantil, pola baixa natalidade, da orde de 2.000 alumnas e alumnos.

Así, na provincia da Coruña non reúnen os requirimentos para continuar abertas as EEI de San Lourenzo – con 4 alumnos- e EEI de Guimaráns – con 2 alumnos- (ambas en Ames), o CEIP de Castro – con 5 alumnos- (Ordes), o de Visantoña – o alumnado solicitou a matrícula noutro centro- (Santiso) e a EEI de Carnés  – con 5 alumnos- (Vimianzo). Na provincia de Ourense deixará de prestar servizo o CEIP de San Mamede – o alumnado solicitou a matrícula noutro centro- (Montederramo). Ademais, na provincia de Pontevedra o CEE do Vao (Poio) pasará a integrarse na EEI do Vao.

Ademais, o citado proceso de reorganización de acordo cos datos de matriculación recollidos nos propios centros educativos deu lugar tanto á creación de unidades, como á súa supresión no caso de que o incremento ou diminución do alumado así o fixo necesario. Así mesmo, habilitáronse unidades (sen creación) para o suposto de desdobramentos de aulas cando existindo un incremento puntual ou circunstancial do número de alumnos/as, non hai perspectivas que garanten que esa situación se consolide nos vindeiros anos. Os datos globais e  por provincias son os que a continuación se sinalan:

Provincia

Supresións*

Creacións

Habilitacións

TOTAIS

A Coruña

-30

+15

+9

-6

Lugo

-6

+7

-2

-1

Ourense

-7

+5

-7

-9

Pontevedra

-20

+9

-2

-13

TOTAIS

-63

+36

-2

-29

 

*Inclúe as unidades dos centros suprimidos

Escolarización [2]
Educación infantil [3]
Educación primaria [4]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [5]
Centros [6]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/13095

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/13095
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/227
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/81
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros