Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > O conselleiro de Cultura e Educación salienta o investimento de preto de 176.000 euros no CEIP Monte dos Postes de Santiago

O conselleiro de Cultura e Educación salienta o investimento de preto de 176.000 euros no CEIP Monte dos Postes de Santiago [1]

Xesús Vázquez comprobou hoxe o avance das obras de renovación da cuberta que se están a desenvolver neste centro

Gallego
O conselleiro de Cultura e Educación salienta o investimento de preto de 176.000
O conselleiro de Cultura e Educación salienta o investimento de preto de 176.000 euros no CEIP Monte dos Postes de Santiago

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe o CEIP Plurilingüe Monte dos Postes, onde o seu departamento ten investido nos últimos anos preto de 176.000 euros; co fin de comprobar o avance das obras de renovación da cuberta que se están a realizar neste momento. No marco deste investimento, realizáronse obras no centro para o acondicionamento da antiga vivenda do conserxe como comedor, espazo que tamén se dotou con calefacción; así como a mellora do aseo de infantil.

Así mesmo, o CEIP dispón de 4 aulas Abalar, contou o curso que acaba de rematar cun auxiliar de conversa estadounidense -  na súa calidade de centro plurilingüe-, e recibe ademais axudas da Consellería para a mellora de fondos da biblioteca.

Durante o seu percorrido polo centro, no que estivo acompañado polo secretario xeral técnico, Jesús Oitavén; e pola subdirectora de Construcións e Equipamento, María Jesús López; o conselleiro analizou co director do centro as necesidades do mesmo, co fin de poder programar novas actuacións no edificio.

Construcións e melloras [2]
Educación infantil [3]
Educación primaria [4]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [5]
Centros [6]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/13065

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/13065
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/240
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/81
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros