Convócanse prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2014/2015 [1]
Enviado por administrador a Lun, 16/06/2014 - 08:58Xúntase a Orde do 6 de xuño de 2014 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2014/15.
- O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
a) Para os solicitantes matriculados en BAC, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 11 de xullo de 2014.
b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 1 de agosto de 2014.
File:


