Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2014

Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2014 [1]

Enviado por administrador a Xov, 22/05/2014 - 08:43
Gallego

Xúntase a Orde do 12 de maio de 2014 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2014.

O prazo de presentación de solicitudes será de polo menos 20 días de antelación con respecto á data de comezo da actividade. Para as actividades formativas que comezaron a partir do 1 de xaneiro, así como para aquelas que comecen a partir do día da publicación desta orde e que non poidan cumprir o prazo de solicitude de 20 días de antelación, a solicitude entenderase en prazo sempre que sexa presentada dentro dos 15 días naturais a partir do día seguinte da publicación da presente orde no DOG.

Destinatarios e requisitos:

O persoal docente de carreira que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, con destino en centros docentes públicos en que exerza docencia directa co alumnado, equipos de orientación específicos, postos de asesoría dentro da estrutura administrativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e na Inspección Educativa.

Os solicitantes non poderán percibir outro tipo de axudas para a asistencia á actividade solicitada e non poden ter recibido reintegro individual nas dúas últimas convocatorias (anos 2012 e 2013).

Documentación necesaria

  • Solicitude segundo modelo do anexo I da convocatoria.
  • Orixinal ou fotocopia da convocatoria da actividade para a cal se solicita o reintegro.
  • Certificación da dirección do centro na cal se xustifique que a persoa solicitante exerce actualmente nel e se especifique a disciplina, área, ciclo ou especialidade que imparte.
  • Orzamento dos gastos de matrícula e desprazamento. En ningún caso se farán constar gastos de mantenza e aloxamento.
  • Memoria explicativa dos motivos polos cales se desexa asistir á actividade e repercusión da asistencia a esta na función docente.

Máis información

Mail: reintegros.fprofe@edu.xunta.es [2]
Tl.: 981 546.515/ 981.546.513
Servizo de Formación do Profesorado
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

 

File: 

PDF icon Orde do 12 de maio de 2014: Reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado (DOG) [3]
PDF icon Corrección de erros (DOG) [4]
PDF icon Resolución do 4 de maio de 2015: Relación de persoas beneficiarias (DOG) [5]
Reintegros individuais [6]
Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa [7]
Servizo de Programas de Formación [8]
Profesorado [9]
Boletín [10]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/12507

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/12507
[2] mailto:reintegros.fprofe@edu.xunta.es
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/05/22/20140522_reintegro_gastos_formacion.pdf
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/05/22/20140526_correccion_erros.pdf
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/05/22/20150515_resolucion.pdf
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/366
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/43
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/45
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613