Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > O conselleiro de Cultura e Educación comproba o desenvolvemento do programa de estadías durante o outono para a mellora da competencia en linguas estranxeiras

O conselleiro de Cultura e Educación comproba o desenvolvemento do programa de estadías durante o outono para a mellora da competencia en linguas estranxeiras [1]

Xesús Vázquez visitou hoxe o complexo dos Peares polo que pasarán ata decembro arredor de 500 alumnas e alumnos de 27 centros educativos de toda Galicia

Gallego
 O conselleiro de Cultura e Educación comproba o desenvolvemento do programa de
O conselleiro de Cultura e Educación comproba o desenvolvemento do programa de estadías durante o outono para a mellora da competencia en linguas estranxeiras

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprobou esta mañá o desenvolvemento do programa de estadías durante o outono para a mellora da competencia en linguas estranxeiras que se está a desenvolver no Centro de Excelencia para a Formación en Inglés dos Peares; unha nova liña de actuación enmarcada no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras a través da cal o departamento educativo da Xunta de Galicia desestacionaliza o modelo no que atinxe a estas actividades de formación. A ampliación a todo o curso destas estadía constitúe ademais un importante esforzo da Consellería, máis no actual contexto económico.

Arredor de 500 alumnas e alumnos de 6º de primaria e os 4 cursos de ESO de 27 centros educativos públicos – a selección beneficiou especialmente aos do rural- participarán este outono nesta experiencia. En concreto, neste momento están a gozar da estadía 96 estudantes de 2º de ESO do IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo), IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña), IES Plurilingüe Adormideras (A Coruña), e do IES Urbano Lugrís (Malpica de Bergantiños). Cómpre salientar o total éxito desta iniciativa xa que solicitaron participar na convocatoria 150 centros educativos.

O obxectivo desta iniciativa é mellorar as competencias en lingua inglesa das rapazas e rapaces, a través dunha experiencia de comunicación neste idioma nun entorno no que se combina a aprendizaxe da lingua inglesa e se mesturan actividades de formación e actividades culturais. Así, ao longo da semana os estudantes, ademais de recibir clases de inglés, participarán en actividades como talleres de música e de arte realizadas de forma íntegra nesa lingua, combinación que contribúe a estimular a aprendizaxe e a facer a estadía moito máis atractiva para os rapaces.  

Ademais do conselleiro, visitaron o centro o delegado xeral de Gas Natural Fenosa, Luís Díaz López; a product manager da liña Junior de Vaughan, Esther Muñoz; e o subdirector xeral de ordenación e innovación educativa e formación do profesorado, Manuel Vila.

Inmersión lingüística [2]
Programas e plans [3]
Educación primaria [4]
Educación secundaria obrigatoria [5]
Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa [6]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [7]
Alumnado [8]
Familias [9]
Centros [10]
Linguas estranxeiras [11]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/11136

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/11136
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/609
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/133
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/83
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/43
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/familias
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/631