Inicio


 
 

29/06/2022: Fase de concurso: formularios de alegación de méritos

13/06/2022: Modificación das datas, horas e lugares en que se fará a presentación das persoas aspirantes e a primeira proba.

AVISO IMPORTANTE: modificación da resolución pola que se anuncian as datas, horas e lugares en que se fará a presentación das persoas aspirantes e a primeira proba.

-Modificación da hora de presentación e de inicio da parte A da primeira proba dos tribunais de Informática do corpo de profesores de ensino secundario (590107)

-Modificación da hora de inicio da parte B da primeira proba dos tribunais de Física e química do corpo de profesores de ensino secundario (590007)

-Inclusión do día en que se realizará a parte B da primeira proba dos tribunais de Formación e orientación laboral do corpo de profesores de ensino secundario (590105)

-Modificación da sede de actuación do Tribunal nº1 de Música do corpo de mestres (597035)

Acceda nesta ligazón á modificación da Resolución de 9 de xuño de 2022 pola que se anuncian das datas, horas e lugares en que se fará a presentación das persoas aspirantes e a primeira proba.

Subir ao índice

13/06/2022: O persoal interino e substituto non estará obrigado a participar nos procedementos selectivos para os únicos efectos de permanencia nas listas

 
Engádese unha disposición transitoria cuarta ao Acordo do 20 de xuño de 1995 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO, CSI.F e FETE-UGT polo que se regula o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia pola que o persoal docente interino e substituto que presta servizos en calquera especialidade na Comunidade Autónoma de Galicia non estará obrigado a participar nos procedementos selectivos para ingreso nalgún corpo da función pública docente que se convoquen no ano 2022 para os únicos efectos da permanencia nas listas de interinidades e substitucións.

Subir ao índice

10/06/2022: Ligazón ás ultimas novas do procedemento selectivo 2022

31/01/2022: Información xeral sobre oposicións 2022

Desde o 1 de febreiro ata o 21 de febreiro de 2022 estará aberto o prazo de inscrición no proceso selectivo para o ingreso nos diferentes corpos docentes que se convocan pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 20, do 31 de xaneiro de 2022).

As persoas solicitantes deben acceder á páxina web oposicións (www.edu.xunta.gal/oposicions) onde deberán crear unha solicitude. É ademais obrigatorio que a solicitude se presente electronicamente a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia dentro do prazo de presentación de solicitudes indicado anteriormente.

Para acceder á información relacionada co procedemento selectivo: Prema aquí

  • Como crear unha solicitude?

-Identificarse no sistema. Premer no botón de cor verde que hai na esquina superior dereita. Acceder á pantalla de autenticación na que debe escoller no despregable o tipo de usuario que empregará para identificarse: usuario da Consellería de Educación (se dispón del), Chave365 ou ben acceder co certificado dixital.

-Acceder ao menu "As Miñas instancias"

-Seleccionar a convocatoria correspondente e premer no botón "Crear nova instancia"

-Rematada a solicitude, e corrixidos os erros, se é o caso, premer (GARDAR E SEGUINTE).

-Unha vez na nova pantalla, se quere volver atrás, observará que existen campos que non poderá cambiar (corpo, titulación…). Para realizar cambios deberá comezar unha nova solicitude.

-Se non rematou de cubrir o total da solicitude, pode pechar a aplicación sen pechar a solicitude as veces que desexe.

IMPORTANTE: Se pechou a solicitude, non poderá volver a modificala. Porén, é posible crear unha nova solicitude aproveitando a información e os datos cubertos previamente.

-Unha vez rematada a introdución dos datos, peche a solicitude.

-Logo de pechar a solicitude deberá realizar os seguintes dous pasos:

 

Paso 1: Pago de taxas

Pode saltarse este paso se vostede está exento do pago das taxas (ver apartado “resumo de documentación”).

Ao premer no botón "Pagar taxa", crearase unha taxa na Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia cos seus datos e co importe que debe pagar.

A continuación prema na ligazón que se lle amosará; será redirixido/a á web da Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia, na que deberá realizar o pagamento con tarxeta (de calquera entidade a través de ABANCA ou tarxeta de Caixa Rural Galega, Caixabank, Caja Rural de Zamora, Evo Banco a través da correspondente entidade).

Importante: finalizado o proceso de pago, comprobe que na pantalla aparece “pagado”
Para máis información sobre os requisitos técnicos para o pagamento ou resolver calquera dúbida relacionada con este debe dirixirse á Axencia Tributaria de Galicia a través do enderezo:

http://www.cixtec.es/atendemos ou https://ovt.atriga.gal/

Paso 2: Presentación electrónica da solicitude

Prema no botón "Enviar a Sede Electrónica para presentación" para enviar o borrador da súa solicitude á Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Amosaráselle unha ligazón que o/a dirixirá á Sede Electrónica para presentar a súa solicitude electronicamente.

Para acceder á Sede Electrónica e presentar a súa solicitude debe posuír un certificado electrónico válido ou Chave365.

Ao presentar electronicamente a solicitude daráselle a opción de achegar a documentación en formato electrónico (ver apartado “resumo de documentación”).

Recorde que pode xerar tantos borradores como solicitudes peche, pero só será válida a última que presente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

IMPORTANTE: A única forma válida de presentación de solicitudes é a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.Non se admitirán solicitudes presentadas en papel.

  • Que documentación debo presentar?

Resumo de documentación:

1. No caso de non dispor do título, certificación académica oficial que acredite que se realizaron todos os estudos para a obtención deste xunto co recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentarse a credencial da súa homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas, mestre en educación primaria ou en educación infantil.

Deberán achegar o título aquelas persoas que posúan o título de mestre/a de ensino primario, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a ou grao de mestre/a en educación primaria e aqueloutras persoas que posúan unha titulación de licenciatura ou enxeñería nos que se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións.

Ademais do anterior, se no título non consta a especialidade e, de ser o caso, o idioma estranxeiro deste, deberán achegar a certificación académica persoal.

Así mesmo, aquelas persoas graduadas en educación primaria que obtiveran unha mención nunha Universidade distinta da que obtiveron o título, e aleguen esta mención para a súa inclusión nas listas de interinidades ou substitucións deberán achegar certificación académica oficial expedida pola Universidade acreditativa da obtención da mención.

2. De ser o caso, documentación acreditativa de posuír a formación pedagóxica e didáctica.

3. Documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.

4. Documentación acreditativa da titulación de español, no caso de persoas que non posúan a nacionalidade española e non teñan como idioma oficial o español.

5. Documentación xustificativa da exención ou bonificación das taxas

6. Documentación acreditativa da discapacidade que xustifique a necesidade da adaptación, para o persoal aspirante que solicite a adaptación de tempo e medios.

7. Documentación identificativa para o persoal aspirante que non teña a nacionalidade española.

Non é necesario achegar nin a titulación alegada, nin a documentación acreditativa de posuír a formación pedagóxica e didáctica ou o coñecemento do galego ou castelán, no caso daquelas persoas que xa o fixeran nos procedementos selectivos convocados pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades desde a Orde do 17 de marzo de 2014.
 

NOTA PARA A COBERTURA DA SOLICITUDE: a titulación de arquitectura figura no despregable do campo “titulacións” ao elixir a opción licenciatura no campo “tipo de titulación”; a titulación de arquitectura técnica figura no despregable do campo “titulacións” ao elixir a opción diplomatura no campo “tipo de titulación”. Os títulos de doutoramento aparecen no campo “tipo de titulación” ao premer na opción de “mostrar máis titulacións”; neste caso, no campo “titulación” deberá escoller a especialidade do doutoramento.

Os seguintes datos consultaranse automaticamente e, polo tanto, non será necesario que achegue a documentación acreditativa, sempre que a persoa interesada non se opoña a súa consulta:

• Identidade da persoa solicitante ou representante.

• Títulos oficiais universitarios, sen prexuízo do disposto no punto 1 deste apartado.

•Títulos oficiais non universitarios que dean acceso á función docente e que consten no Rexistro Central do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

• Consulta da inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais.

• Acreditación da condición de familia numerosa, no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia (só no caso de que sexa alegada esta circunstancia).

• Acreditación da condición de discapacidade, no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia (só no caso de que sexa alegada esta circunstancia).

• Inscrición como demandante de emprego 6 meses antes da convocatoria, sen estar percibindo prestación ou subsidio de desemprego (só no caso de que sexa alegada esta circunstancia).

 

Teléfonos de información:

- Secundaria: 981-545406, 981-545255, 981-545409, 881995891

- Primaria: 981-545495, 881-995887, 981-544487

 

Correos electrónicos:

- Secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.gal

- Primaria: persoal.primaria@edu.xunta.gal

Subir ao índice

Preguntas máis frecuentes da inscrición en liña