Inicio
- 26/07/2024: Presentación de documentación base 19.1 da Orde do 31 de xaneiro de 2024 (ED001A)
- 28/06/2024: Nota informativa sobre a presentación de méritos ante o tribunal do persoal aspirante relativo aos procedementos selectivos convocados mediante a Orde do 31 de xaneiro de 2024 (ED001A)
- 16/05/2024: Publicación das cualificacións das probas eliminatorias de coñecemento de lingua galega e castelá no marco dos procedementos selectivos para o acceso e ingreso, mediante concurso-oposición nos corpos docentes non universitarios (ED001A)
- 10/05/2024: Publicación das listaxes definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso e ingreso aos corpos docentes non universitarios (ED001A)
- 09/04/2024: Publicación das listaxes provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso e ingreso aos corpos docentes non universitarios (ED001A)
- 14/02/2024: Publicación no Diario Oficial de Galicia da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)
26/07/2024: Presentación de documentación base 19.1 da Orde do 31 de xaneiro de 2024 (ED001A)
A publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de persoal aprobado será o día 23 de agosto de 2024 de xeito que o prazo para a presentación de documentación comezará o día 24 de agosto de 2024 e finalizará o día 20 de setembro de 2024)
De conformidade coa base 19.1 da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso aao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), (DOG nº32, do 14 de febreiro) no prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte a aquel en que se fagan públicas as listas de persoas aprobadas no Diario Oficial de Galicia, o persoal aspirante aprobado deberá presentar por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos os seguintes documentos:
A) Certificado médico acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado ou afectada por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia (aceptarase tamén un informe médico)
A persoa aspirante que fixese valer a súa condición de persoa con discapacidade deberá, se non o fixo anteriormente, presentar certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social que acredite tal condición, e tamén terá que presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.
B) Declaración responsable de que non foi separada mediante expediente disciplinario do servizo do corpo a que se pretende ingresar en ningunha Administración pública e de non estar inhabilitada para o exercicio de funcións públicas, conforme o modelo que figura como anexo XII a esta convocatoria, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no procedemento normalizado ED001A como anexo asociado á fase posterior á presentación.
O anexo debe cubrirse completo (MARCAR AS CASILLAS QUE CORRESPONDA E ASINARSE) DESCARGUE AQUÍ O ANEXO
Igualmente, o persoal aspirante que non posúa a nacionalidade española deberá presentar declaración responsable de non estar sometido a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o mesmo modelo do anexo XII, que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no procedemento normalizado ED001A como anexo asociado á fase posterior á presentación.
O anexo debe cubrirse completo (MARCAR OS RECADROS QUE CORRESPONDA E ASINARSE) DESCARGUE AQUÍ O ANEXO
C) Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais. Só debe presentar este documento no caso de que se opuxera na súa solicitude de participación á consulta de datos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
-
O persoal que xa teña a condición de persoal funcionario de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia e estea en situación de servizo activo estará exento de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obter o seu anterior nomeamento. Só para o caso de que non sexa persoal funcionario funcionario de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia deberá presentar, en tal caso, unha certificación ou folla de servizos do organismo de que dependan, na cal se consignen de forma expresa os seguintes datos: corpo a que pertencen, número de rexistro persoal e se están en servizo activo.
-
Para presentar a documentación deberá seguir os pasos descritos a continuación:
1º Acceda á sede electrónica da Xunta de Galicia nesta ligazón.
-Prema no botón en cor laranxa “Tramitar en liña”
-Abrirase unha pantalla informativa sobre a necesidade de dispor de Chave 365 ou certificado electrónico para acceder. Prema no botón “Aceptar”.
-Introduza o seu NIF e o seu contrasinal de Chave 365 ou identifíquese co seu certificado dixital.
2º Localice o expediente correspondente a súa solicitude de participación no procedemento selectivo (ED001A) e prema no botón Acción: Alegacións.
3º Cubra todos os campos do formulario e os indicados a continuación do seguinte xeito:
a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN DE ACORDO COA BASE 19.1 DA ORDE DE 31 DE XANEIRO DE 2024
b) Unha vez cubertos todos os campos da folla de solicitude deberá premer no botón “Continuar”. No caso de que lle faltase por cubrir algún campo a aplicación web avisaralle para que o cubra antes de continuar.
c) Neste paso deberá anexar a documentación citada anteriormente de conformidade coa base 19.1 da Orde de 31 de xaneiro de 2024.
A aplicación solicitaralle primeiro que indique un nome descritivo do arquivo que vaia a subir e a continuación deixaralle examinar o seu directorio para acceder e subir a documentación. Pode subir toda a documentación xunta nun arquivo só ou pode subir un arquivo por cada documento. A aplicación web tamén lle amosará os formatos válidos para subir.
Unha vez anexada a dita documentación, prema no botón “Continuar”
d) A seguir deberá asinar a solicitude e presentala no rexistro electrónico para o que se lle enviará o seu teléfono móbil un pin no caso de empregar Chave365 ou introducirá a súa contrasinal no caso de empregar certificado dixital. Unha vez asinada, a sede electrónica informaralle que estará correctamente presentada a súa solicitude e poderá obter o recibo xustificativo coa data e hora de presentación e o número de rexistro. Lembre descargar o xustificante de presentación.
O persoal aprobado, ademais de presentar a documentación relacionada anteriormente, deberá entregar a docuementación correspondente á toma de posesión do destino provisional adxudicado no concurso de adxudicación de destinos provisionais segundo as instruccións que se publicarán no portal educativo en relación co concurso de adxudicación de destinos provisionais.
28/06/2024: Nota informativa sobre a presentación de méritos ante o tribunal do persoal aspirante relativo aos procedementos selectivos convocados mediante a Orde do 31 de xaneiro de 2024 (ED001A)
Para os efectos do previsto na base 11.3.1 da Orde do 31 de xaneiro de 2024 relativa á "Presentación de méritos ante o tribunal do persoal aspirante", xúntase:
O persoal aspirante poderá visualizar os méritos que constan na aplicación de oposicións, accedendo á paxina web www.edu.xunta.gal/oposicions, lapela As miñas instancias, Opción Ver méritos.
16/05/2024: Publicación das cualificacións das probas eliminatorias de coñecemento de lingua galega e castelá no marco dos procedementos selectivos para o acceso e ingreso, mediante concurso-oposición nos corpos docentes non universitarios (ED001A)
De conformidade coas bases 8.3 e 9.3 da Orde do 31 de xaneiro de 2024, poderanse consultar as cualificacións da proba eliminatoria de acreditación do coñecemento de lingua castelá e galega, valorada polos tribunais nomeados mediante resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, na seguinte ligazón: www.edu.xunta.gal/oposicions
Para estes efectos cómpre seguir as seguintes indicacións:
1.- Menú “Consultas públicas”
2.- Consulta de publicacións dos tribunais do concurso-oposición
3.- Opción Convocatoria Data DOG 14-02-2024, Servizo S
4.-Opción Corpo: 590-Profesores de ensino secundario
5.-Opción Especialidade:004 Lingua castelá e literatura ou 053-Lingua e literatura galega (segundo corresponda)
6.- Opción Tribunal (especial) (escoller o número de tribunal especial ao que foi adscrito o persoal aspirante)
10/05/2024: Publicación das listaxes definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso e ingreso aos corpos docentes non universitarios (ED001A)
O día 10/05/2024 publicouse na páxina web desta consellería a Resolución do 10 de maio de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproban as listas definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A) (DOG n.º 32, do 14 de febreiro)
O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra estas listas definitivas é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación.
O dito recurso deberá formularse por medios electrónicos, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o ÚLTIMO EXPEDIENTE co código de procedemento ED001A/2024, e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de acordo co establecido na base 6.4 da Orde do 31 de xaneiro de 2024.
Unicamente para o caso das persoas que non figuren na listas definitivas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para interpoñer o dito recurso deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.
O dito formulario da solicitude xenérica debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:
a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECURSO RESOLUCIÓN DO 10 DE MAIO DE 2024 e especificar o corpo e especialidade
b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse na súa carpeta cidadá (“A miña sede”) tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.
09/04/2024: Publicación das listaxes provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso e ingreso aos corpos docentes non universitarios (ED001A)
O día 8/04/2024 publicouse na páxina web desta consellería a Resolución do 5 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 31 de xaneiro de 2024 (DOG n.º 32, do 14 de febreiro)
O prazo de reclamacións contra estas listaxes é de dez (10) días hábiles e comeza o día 9 de abril de 2024 e remata o día 22 de abril de 2024 (ambos días incluídos).
As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de acordo co establecido no apartado segundo da base sexta da Orde do 31 de xaneiro de 2024
Para realizar reclamacións á listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas deberá proceder do seguinte xeito:
1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal
2- Autenticarse mediante calquera dos mecanismos admitidos na sede electrónica (Chave365, certificado electrónico,...)
3.-Localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do procedemento selectivo do ano 2024 (código de procedemento ED001A) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegación”. IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS DE DISTINTOS PROCEDEMENTOS, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER O TRÁMITE DE ALEGACIÓN NA SOLICITUDE CORRESPONDENTE Á ESPECIALIDADE E CONVOCATORIA DO ANO 2024.
4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”
A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegación asinado como o recibo de presentación desta.
No caso das persoas que non figuren na listaxes de persoas admitidas/excluídas as alegacións deberán realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica (menú Trámites, Solicitude xenérica)
AVISO: O persoal aspirante deberá verificar nas listaxes provisorias tanto de persoal admitido como de excluído se figura exento ou non da realización da proba de coñecemento de lingua galega e de lingua castelá. No caso de que figure como NON exento da realización destas probas e se posúe a acreditación do coñecemento destas linguas deberá formular a alegación consonte o establecido nos parágrafos anteriores .
14/02/2024: Publicación no Diario Oficial de Galicia da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)
Desde o 15 de febreiro ata o 6 de marzo de 2024 estará aberto o prazo de inscrición no proceso selectivo para o ingreso nos diferentes corpos docentes que se convocan pola Orde do 31 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 32, do 14 de febreiro de 2024).
As persoas solicitantes deben acceder á páxina web oposicións (www.edu.xunta.gal/oposicions) onde deberán crear unha solicitude. É ademais obrigatorio que a solicitude se presente electronicamente a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia dentro do prazo de presentación de solicitudes indicado anteriormente.
-
Como formulo a solicitude de participación?
A) CUBRIR A SOLICITUDE NA PÁXINA WEB DE OPOSICIÓNS (www.edu.xunta.gal/oposicions)
-
Identificarse no sistema. Premer no botón de cor verde que hai na esquina superior dereita. Acceder á pantalla de autenticación na que debe escoller no despregable o tipo de usuario que empregará para identificarse: usuario da Consellería competente en materia de educación (se dispón del), Chave365 ou ben acceder co certificado dixital.
-
Acceder ao menu "As Miñas instancias"
-
Seleccionar a convocatoria correspondente e premer no botón "Crear nova instancia"
-
Rematada a solicitude, e corrixidos os erros, se é o caso, premer (GARDAR E SEGUINTE).
-
Unha vez na nova pantalla, se quere volver atrás, observará que existen campos que non poderá cambiar (corpo, titulación…). Para realizar cambios deberá comezar unha nova solicitude.
-
Se non rematou de cubrir o total da solicitude, pode pechar a aplicación sen pechar a solicitude as veces que desexe.
-
IMPORTANTE: Se pechou a solicitude, non poderá volver a modificala. Porén, é posible crear unha nova solicitude aproveitando a información e os datos cubertos previamente.
-
Unha vez rematada a introdución dos datos, peche a solicitude. Recorde que pode xerar tantos borradores como solicitudes peche, pero só será válida a última solicitude que presente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
IMPORTANTE: A única forma válida de presentación de solicitudes é a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Non se admitirán solicitudes presentadas en papel.
B) PAGO DAS TAXAS E PRESENTACIÓN TELEMÁTICA DA SOLICITUDE EN SEDE ELECTRÓNICA :
+ DOADO > PREMA NESTA LIGAZÓN PARA VISUALIZAR TODOS OS PASOS
AVISO: A partir desta convocatoria o pagamento das taxas realizarase obrigatoriamente na sede electrónica da Xunta de Galicia. O pago da taxa electrónica será imprescindible para a presentación da solicitude por medios electrónicos. A sede electrónica non permitirá a presentación de ningunha solicitude cuxo pagamento non se realice con anterioridade á presentación desta mediante o sistema habilitado en sede.
Unha vez pechada a solicitude deberá realizar os seguintes pasos na lapela Presentación:
1.- Premer no botón amarelo Enviar á Sede Electrónica para Presentación
2.-Despois de premer aparece un aviso que lle indicará que se enviou o borrador á sede electrónica pero que a súa solicitude non estará correctamente presentada ata que confirme o borrador na sede.
3. Na mesma xanela prema o botón amarelo Ir á Sede Electrónica para Presentación
4.-Neste intre, abrirase unha nova xanela de acceso á Sede Electrónica. Identifíquese por calquera dos medios admitidos (certificado dixital, Chave 365 ou Clave)
5.-Unha vez identificado poderá achegar a documentación que considere conveniente en formato electrónico (ver apartado “resumo de documentación”).
6.-Prema no botón continuar para pagar a taxa e realice todos os pasos que se lle indiquen na sede electrónica para realizar o pagamento. Ao finalizar o pago poderá descargar un xustificante de telo realizado antes de finalizar a presentación electrónica.
7.-Prema no botón continuar e asine e finalice a presentación telemática da solicitude. Lembre que a solicitude non estará correctamente presentada ata que poida obter o recibo de presentación da sede electrónica co número de rexistro de entrada e data de presentación.
-
Que documentación debo presentar?
Resumo de documentación:
1. No caso de non dispor do título, certificación académica oficial que acredite que se realizaron todos os estudos para a obtención deste xunto co recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentarse a credencial da súa homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas, mestre en educación primaria ou en educación infantil.
Deberá presentarse a credencial da súa homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas, mestre en educación primaria ou en educación infantil, no caso de titulacións obtidas no estranxeiro.
Deberán achegar o título no caso das persoas que posúan o título de mestre/a de ensino primario, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a ou grao de mestre/a en educación primaria e aqueloutras persoas que posúan unha titulación de licenciatura ou enxeñería nos que se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións e, ademais do anterior, a certificación académica no suposto de non constar no título a especialidade e, de ser o caso, o idioma estranxeiro deste.
Así mesmo, deberán achegar a certificación académica oficial expedida pola universidade acreditativa da obtención da mención no caso de persoas graduadas en educación primaria que obtiveran unha mención nunha universidade distinta da que obtiveron o título e aleguen esta mención para a súa inclusión nas listas de interinidades ou substitucións.
2. De ser o caso, documentación acreditativa de posuír a formación pedagóxica e didáctica.
3. Documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.
4. Documentación acreditativa da titulación de español, no caso de persoas que non posúan a nacionalidade española e non teñan como idioma oficial o español.
5. Documentación xustificativa da exención ou bonificación das taxas
6. Documentación acreditativa da discapacidade que xustifique a necesidade da adaptación, para o persoal aspirante que solicite a adaptación de tempo e medios.
7. Documentación identificativa para o persoal aspirante que non teña a nacionalidade española.
Non é necesario achegar nin a titulación alegada, nin a documentación acreditativa de posuír a formación pedagóxica e didáctica ou o coñecemento do galego ou castelán, no caso daquelas persoas que xa o fixeran nos procedementos selectivos convocados pola Consellería competente en materia de educación desde a Orde do 17 de marzo de 2014.
NOTA PARA A COBERTURA DA SOLICITUDE: a titulación de arquitectura figura no despregable do campo “titulacións” ao elixir a opción licenciatura no campo “tipo de titulación”; a titulación de arquitectura técnica figura no despregable do campo “titulacións” ao elixir a opción diplomatura no campo “tipo de titulación”. Os títulos de doutoramento aparecen no campo “tipo de titulación” ao premer na opción de “mostrar máis titulacións”; neste caso, no campo “titulación” deberá escoller a especialidade do doutoramento.
Os seguintes datos consultaranse automaticamente e, polo tanto, non será necesario que achegue a documentación acreditativa, sempre que a persoa interesada non se opoña a súa consulta:
• Identidade da persoa solicitante ou representante.
• Títulos oficiais universitarios, sen prexuízo do disposto no punto 1 deste apartado.
•Títulos oficiais non universitarios que dean acceso á función docente e que consten no Rexistro Central do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes
• Consulta da inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais.
• Acreditación da condición de familia numerosa, no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia (só no caso de que sexa alegada esta circunstancia).
• Acreditación da condición de discapacidade, no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia (só no caso de que sexa alegada esta circunstancia).
• Inscrición como persoa demandante de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da publicación no DOG da convocatoria das probas selectivas nas cales solicite a súa participación e non estar a percibir prestación ou subsidio por desemprego na data da publicación no DOG da convocatoria das probas selectivas (só no caso de que sexa alegada esta circunstancia).
Teléfonos de información:
- Secundaria: 981-545255, 981-957910, 881-995889 , 981 544486 -981-545445
- Primaria: 981-545495, 881-995887, 981 54 44 88, 981 54 44 83
Correos electrónicos:
- Secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.gal
- Primaria: persoal.primaria@edu.xunta.gal